as empresas



Recursos Técnicos Artísticos S.L. é unha empresa creada en 2003 coa intención de dar todo tipo de servizos técnicos a compañías, produtoras de teatro e artes escénicas na comunidade Galega.

A intención da empresa é facilitar todos os servizos que o cliente precisa para producir un espectáculo e con isto involucrarse na produción artística e non só dar un servizo técnico.

Talía Teatro é unha compañía teatral creada en 1988, con un selo propio e orixinal. Os seus espectáculos son unha marca con denominación de orixe que definen un estilo e unha forma de facer teatro. Desde os seus inicios, a compañía perseguiu a dignificación do teatro e das artes escénicas como transmisores dos valores culturais do país.

Hoxe, case 25 anos despois do seu inicio, tense consolidado como unha das compañías galegas de maior prestixio e repercusión.


Voz Audiovisual produciu nos seus 27 anos de historia centos de capítulos de series de ficción, desde “Mareas vivas” a “Matalobos”, pasando por “Padre Casares” ou “As leis de Celavella”. Ducias de programas de entretemento para televisión, documentais e longametraxes completan un percorrido que a converte na empresa de produción audiovisual máis importante de Galicia. Nas súas instalacións, nas que tamén ofrece servizos técnicos integrais, alberga a súa Escola de Ficción, con cursos de interpretación, guión e cámara e realización.

Con “Gaivotas subterráneas” inicia o seu percorrido na produción teatral.